New Abastos papel Galego

"Recordo perfectamente a primeira vez que vin cociñar a miña muller. Ela estaba nerviosa. Fora a súa casa a pedir a súa man (daquela aínda se levaba), e mentres os meus pais falaban cos meus futuros sogros, eu achegueime ata a cociña. Apoiado no couzón da porta, observeina un anaco sen que se decatase. Estaba tan fermosa!! Igual que agora. Aínda que vela na cama deste hospital párteme a alma. "

Pedro, peixeiro.


"Rematouse. Rematouse todo. Os cafés coa nenas, o botellón dos xoves, as horas de biblioteca,... Ata as clases de dereito romano creo que vou botar de menos. Ben, iso non. O romano non, que co que me custou aprobalo... E total para o que me valeu. Sei, xa sei mamá, a vida non é xusta. Pero isto é unha putada. Eu aprobei todo. E agora isto. Vaia merda. Vale, vale, xa non falo mais así. Por certo, que ben ule. Que estás a facer?? "

Silvia, estudante


Redución do importe das bolsas universitarias e endurecemento dos requisitos académicos para a obtención ou renovación destas. 30 mil universitarios menos sen bolsa.


A contía das prestacións para a dependencia descende un 15%. O Goberno deixa de cotizar polos coidadores familiares. Os casos considerados menos graves foron excluídos do sistema ata 2015. Máis de 190 mil persoas agardan por unhas axudas que lles corresponden.


Este é o panorama xeral no que se desenvolve a nosa historia. É a historia de Silvia, estudante de 2º ano de Dereito, que ve perigar a súa continuidade na universidade debido aos cambios de última hora nos criterios académicos para a renovación das bolsas. E é tamén a historia de Pedro, un peixeiro do Mercado de Abastos de Santiago, cuxo negocio xa viviu tempos mellores. A repentina enfermidade da súa muller, prostrada na cama por causa dun ictus, fai que todo o seu mundo se caia.


O restaurante ABASTOS 2.0, a beira ao mercado, será o punto de unión de ambas as dúas historias. Historias ás que non faltarán a solidariedade, as ganas de loitar e uns exquisitos pratos que reparten felicidade tanto entre os que os degustan, coma entre os que os preparan.

Escribir comentario

Nota: no insertar HTML!
    Malo           Bueno

Abastos papel Galego

DESCARGA PRIMER CAPITULO GRATIS

Detalles

Tamaño: 235 x 312 milímetros

Encuadernación: Tapa dura

Número de páginas: 188

Guion: Francisco José Abelleira

Dibujo/Color: Pedro J. Colombo, Victor Rivas, Beatriz Iglesias y Sagar Fornies

Color: Aintzane Landa, Javier Navarro, F.H. Navarro, Cristina Charneco, Fabio Castro y Silvia Ortega

  • Código: Abastos Impreso Galego
  • Disponibilidad: En Stock
  • 29.40€
  • Sin impuestos: 28.27€